Que aporta aos proxenitores?

 

Coñecemento sobre:
  • Dereitos e obrigas dos proxenitores 
  • Dereitos e obrigas dos fillos.
  • As necesidades e intereses dos menores en función da idade.
  • As capacidades, destrezas e limitacións de si mesmos.
  • As características e necesidades específicas de cada fillo.
  • Como exercer a responsabilidade parental.
  • Os riscos da parentalidade non positiva.

 

Capacidade para saber:

 

  • Darlles amor e cariño.

  • Ofrecerlles tempo de calidade en familia.

  • Escoitar e comunicarse con eles.

  • Apoialos, aconsellalos e orientalos.

  • Educalos e formalos con disciplina positiva:

    • Establecerlles límites e normas e facelas cumplir.

    • Reforzarlles os comportamentos positivos.

    • Corrixirlles os comportamentos inapropiados.

    • Ter coherencia no comportamento parental.

  • Fomentarlles:

    • Responsabilidade e compromiso coas obrigas personais, familiares, escolares e sociais.

    • Hábitos saudables de alimentación, hixiene, descanso, ocio e actividade física.

  • Fortalecerlles:

    • A autoestima e autoconcepto.

    • A autonomía responsable.​

 

Lograr:

 

  • Coñecer mellor aos fillos.

  • Axudar máis e mellor aos fillos.

  • Xestionar positivamente o estrés e as crises na familia.

  • Poñer en valor a faceta de proxenitor.

  • Asumir as responsabilidades parentais sen sobrecargas.

  • Seguridade no exercicio da parentalidade.