Dereitos dos nenos, nenas e adolescentes

Hai algo que teñen en común todos os nenos e nenas do mundo: os seus dereitos. Todos os nenos e nenas teñen os mesmos dereitos, independentemente de onde nacesen, da súa cor de pel, da súa condición económica ou sexual, etc.

Toda actuación que afecte directa ou indirectamente á infancia debe estar guiada polo respecto aos dereitos recollidos na Convención de Dereitos do Neno (ONU,1989) como son, entre outros, o dereito á familia, á saúde, á educación, ao xogo, ou á protección de múltiples riscos.

 

Converter en realidade os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes é unha responsabilidade de tódos os membros da sociedade

 

 


 

 

COÑECER os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes:  

Estes dereitos están recollidos na Convención de Dereitos do Neno (ONU,1989). Os seus 54 artigos establecen os dereitos de todos os nenos e nenas, baseados en catro principios fundamentais:

  • Interese Superior da infancia: facer o que é mellor para os nenos, nenas e adolescentes.
  • Non discriminación: nada xustifica o trato desigual aos nenos e nenas na aplicación dos seus dereitos.
  • Dereito á vida: crecemento e desenvolvemento saudable.
  • Participación: escoitar a opinión dos nenos, nenas e adolescentes e ter en conta as súas necesidades e intereses.

TRANSMITIR aos nenos e nenas cales son os seus dereitos:

Os nenos, nenas e adolescentes terán a capacidade de esixir que se cumpran os seus dereitos e de respectar os dereitos dos demais, só se saben que os posúen e coñecen cales son. Axudar á infancia para comprender os seus dereitos é unha tarefa de todos/as, con todo, non debemos esquecer que os valores transmitidos no seo da familia deben ser os máis significativos para os nenos e nenas. Por iso, os proxenitores, en cooperación coa escola e a comunidade, deben transmitir aos seus fillos e fillas os dereitos que teñen, así como as súas responsabilidades. 

RESPECTAR os dereitos de nenos, nenas e adolescentes:

Aínda que a Convención sobre os Dereitos do Neno está dirixida aos gobernos como representantes do pobo, en realidade refírese a responsabilidade compartida de todo os membros da sociedade. Todos temos unha función que desempeñar, e os pais e nais son os primeiros que poden actuar en defensa dos dereitos dos seus fillos e fillas.

Debemos permitir que os nenos, nenas e adolescentes gocen de:

  • Unha familia na que ser coidados, protexidos e queridos.
  • Unha boa saúde e de acceso a recursos médicos.
  • Unha educación que favoreza o desenvolvemento da súa personalidade e capacidades, preparándoos para ser adultos competentes, respectuosos e responsables.
  • Descanso, esparcimento e xogo adecuado a súa idade.
  • Liberdade para expresar as súas opinións e que estas sexan tidas en conta na toma de decisións que lles afectan.
  • Protección múltiples riscos como malos tratos, traballo infantil, consumo substancias, explotación sexual, etc.

Pero os nenos, nenas e adolescentes, non só son suxeitos con dereitos, senón tamén con responsabilidades. Asumir responsabilidades promove o benestar da infancia e adolescencia e facilita un desenvolvemento persoal saudable.

  • Respectar á súa familia, ós membros da comunidade educativa ou calquera outra persoa coa que se relacionen.
  • Respectar os recursos e as normas de convivencia do fogar, escola e comunidade.
  • Corresponsabilizarse das tarefas domésticas.
  • Estudar.
  • Respectar os dereitos e liberdades dos demáis.
  • Respectar e conservar o medio ambiente e o seu entorno.